
Albergue&Restaurante
SOBRE NÓS
Somos un grupo de mozos emprendedores, interesados no desenvolvemento rural dende as actividades económicas medioambientalmente sostibles e en contacto co entorno. Decidimos emprender en Belesar pola variedade de oportunidades que nos ofrece, dende o paso dun destino turístico de primeiro nivel coma o Camiño de Santiago de Inverno, o enoturismo que ten na viticultura heroica da Ribeira Sacra un dos seus máis chamativos destinos, ou a aposta decidida polo turismo de interior.
Dende A Senda traballamos por ofrecer un servizo variado e de calidade, con opción de aloxamento, restaurante, e actividades con e na nosa contorna, que fagan que o visitante sinta realmente que chega a coñecer e a estar en contacto coa esencia deste lugar. Agardámosvos!
Actividades e Tours
Degustación de productos típicos
Cada último domingo de mes, realizamos unha cata de viños e productos típicos da Ribeira Sacra, como son os viños, as cereixas, as castañas, o mel, ou diferentes pratos típicos.
Sendeirismo
Ofrecemos un percorrido pola vila de Belesar, polos viñedos dos arredores, ata o miradoiro de Líncora e volta. Pódese realizar por conta propia ou de forma guiada, neste caso cunha duración aproximada de 2 horas e media.
Roteiros en catamarán
Roteiro polo río Miño en catamarán, descubrindo adegas, viñedos e a accidentada paisaxe da Ribeira Sacra, berce da viticultura heroica. Duración aproximada de 1 hora e 45 minutos.
Roteiro Sacro
Visita guiada ós mosteiros do Divino Salvador en Ferreira, Santo Estevo de Ribas de Sil, miradoiro de Cabezoá, mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, e finalizando no miradoiro de Cadeiras. Duración aproximada da actividade de 4 horas.
Catas e visitas a adegas da zona
Visita ós viñedos e á adega de Vía Romana, con explicación do proceso de elaboración, e degustación de 2 viños e un aperitivo. Duración aproximada de 2 horas.
Deportes acuáticos
A través do Club Náutico de Belesar organizamos diversas actividades de deporte acuático. Xestionamos directamente as reservas para a realización de kaiak e de rafting. Duración da actividade variable.
Roteiros á carta
Combinación á carta de visitas a mosteiros, adegas, viñedos, miradoiros ou outras actividades e lugares de interés da bisbarra, con duración variable adaptándonos ó gusto e necesidades do cliente.
Ademáis, en A Senda celebramos as festas tradicionais, e realizamos actividades ó longo de todo o ano:
-
Seráns e foliadas: veladas con música tradicional, os segundos sábados de mes no inverno, e cada 2 semanas no verán.
-
Samaín: a noite na que o mundo dos mortos se conecta co dos vivos. Viviremos esta noite nun ambiente decorado para a ocasión, e organizaremos talleres de maquillaxe para os máis pequenos, e xogos de rol para os máis grandes. Finalizaremos a noite ca tradicional queimada e o seu conxuro.
-
Entroido: nunha das festas máis importantes do calendario festivo galego, realizaremos un concurso de disfraces, degustación de filloas, orellas e flores, e tamén elaboraremos o caldo de ósos, tradición destas datas na Ribeira Sacra.
-
San Xoán: O ano novo celta. Ofreceremos ós nosos clientes e veciños sardiñas asadas con pan de broa ó xeito máis tradicional. Contaremos con música galega, unha cacharela para espantar as meigas, e remataremos, como non podía ser doutro xeito, cunha purificadora queimada.
RESTAURANTE "A SENDA"









Menú do día
Pan
Auga ou 1 bebida (refresco, copa de viño ou caña)
Primeiro prato
Segundo prato
Postre
Café
Peixes
Troitas do río Miño con cachelos
Anguías do río Sil
Bacallau á galega con patacas panadeira
Merluza do pincho á galega con patacas panadeira
Tapas
Tortilla de patacas
Polbo á feira
Chipiróns
Táboa de embutidos de Porco Celta
Táboa de queixos galegos
Croquetas de chourizo con castañas
Pementos de Padrón (en tempada)
Croquetas de setas galegas (en tempada)
Revolto de boletus (en tempada)
Ensaladas
Ensalada de leituga, cebola e tomate
Ensalada “A Senda”: leituga, cebola, tomate, atún, xemas de espárragos, ovo, froitos secos, lascas de queixo San Simón e aliño con mel da Ribeira Sacra.
Pratos de culler
Callos á galega
Fabada
Caldo galego
Caldo de ósos (prato tradicional do entroido da Ribeira Sacra, só en tempada ou previo encargo).
Gazpacho de cereixas da Ribeira Sacra (só en tempada de verán)

Carnes
Zorza
Churrasco de porco
Churrasco de tenreira
Churrasco mixto
Chuleta de tenreira galega
Chuleta de porco celta
Solombo de tenreira con pastel de patacas
Chuletón de tenreira galega
Chuletón de boi
Carne richada de tenreira
Carne ó caldeiro
Queixada de tenreira con reducción de mencía “Viña Romana” e acompañamento de castañas da Ribeira Sacra
Cocido galego (en tempada de inverno ou baixo demanda)
Lacón con grelos (en tempada de inverno ou baixo demanda)
Postres
Bica de Castro Caldelas
Rosca de Sober
Pastel de cereixas ecolóxicas do Saviñao
Flan de castañas
Tarta de queixo ó forno
Todo regado coa nosa amplia carta de viños
TARIFAS
Habitación Ribeira Sacra
Precio por noite (cama individual): 14€
Precio por noite (habitación completa): 196€
Roteiros en catamarán
Xeral: 9€
Nenos ata 12 anos: 5€
Roteiro Sacro
Individual: 40€
A partires de 2 persoas: 30€/persoa
Máximo 8 persoas por grupo
Habitación Amandi
Precio por noite (cama individual) : 14€
Precio por noite (habitación completa): 140€
Sendeirismo:
Por conta propia (gratuito)
Roteiro guiado: 12€
Kaiak:
1 hora: 12€
2 horas: 19€
1/2 día: 28€
Día completo: 42€
Servizos para hóspedes
Almorzo: 3.50€
Lavandería: 5€
Media pensión (1 noite de aloxamento, almorzo e cea): 24€
Pensión completa (1 noite de aloxamento, almorzo, comida e cea): 34€
Roteiros á carta:
Máximo grupos de 8 persoas
O prezo adaptarase ás actividades, lugares e duración escollidas.
Rafting:
Adultos: 32€
Nenos (ata 12 anos): 26€

¿Estou no ceo?... ¿na terra?
¿En donde, en donde estou?
Vexo visiós de groria
e campos de verdor,
montañas ondeantes
que aluma un limpo sol,
alegres paxariños,
devesas, prados, frols.
¡E un río!... ¡Ouh, río Miño!
Es ti, bon Dios, bon Dios,
Galicia, miña terra,
mira o que te deixou;
que para ti enteiro
che trai o corazón.
Rosalía de Castro

